29 oct 2010

O INCREMENTO DO IPC NO ABASTECEMENTO DA AUGA E NA RECOLLIDA DE LIXO; E A REGULACIÓN DO USO DAS PISTAS MULTIDEPORTIVAS E DO XIMNASIO DO C. SOCIAL, PUNTOS APROBADOS NA SESIÓN PLENARIA DE ONTE

A Corporación Municipal celebrou onte unha sesión plenaria ordinaria, que se abriu coa aprobación do borrador da acta da sesión plenaria do 6 de setembro do 2010.

Cos votos en contra da oposición aprobouse o recoñecemento extraxudicial de créditos por valor de 120.000 €.

O terceiro punto da orden do día trataba sobre a modificación das ordenanzas fiscais do abastecemento de auga, da recollida, tratamento e eliminación de Residiuos Sólidos Urbáns – Ecotaxa e da expedición de documentos. Cos votos en contra da oposición aprobouse unha subida do 1,5 % na auga, e un 1,8% no lixo tendo en conta a subida do IPC. Tamén se aplicará unha taxa na expedición dalgúns documentos en concepto de dereitos de examenes.

Aprobouse a baixa de dereitos pendentes de cobro, segundo informe do Servicio Provincial de recadación, correspondente a tributos e taxas municipais de exercicios pechados. Na maioría dos casos por imposibilidade de localizar ós implicados por falecemento.

Cos votos a favor dos concelleiros do PP e do PSOE e o voto en contra do BNG aprobouse inicalmente a ordenanza fiscal polo uso das pistas multideportivas.

O punto referente o regulamento do uso do xinmasio do centro Social aprobouse co voto en contra do BNG e a abstención do PSOE que alegou a súa preocupación por que ninguén se fixese responsable de estar coas persoas que utilicen este servicio.

A sesión plenaria rematou coa cesión ós veciños do Soldón da Seara do edificio da antiga Escola do pobo por un período de 50 anos; punto que se aprobou por unanimidade.

O CONCELLO DE QUIROGA RECUPERARÁ VARIAS RUTAS DE SENDEIRISMO NO SEU TERRITORIO DA REDE NATURA 2000, CUNHA AXUDA DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, anunciou que o Concello de Quiroga, cunha axuda da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, por importe de 20 000 € recuperará varias rutas de sendeirismo dentro do territorio da Rede Natura 2000 .
Esta medida hai que enmarcala dentro do compromiso do goberno local por manter nas mellores condicións posibles o enorme patrimonio natural do concello de Quiroga.
Con esta axuda realizaranse as seguintes intervencións de mellora do medio natural e procura de novos espazos para a práctica do sendeirismo:
-Recuperación do camiño da “Fonte Rubia” da Seara a Formigueiros. Este camiño, de enorme beleza, sobe polo Val de Forgas e pasa ao carón da fonte de augas ferruxinosas coñecida no lugar como “Fonte Rubia”.
-Recuperación do camiño do “Souto da Caleira” en Cereixido. Esta ruta vai dende a fonte do Cal ata Cereixido, discorrendo polo souto onde podemos atopar un forno de cal recuperado anos atrás polo concello de Quiroga e as ruínas da Capela da Santa.
-Melloras da contorna na Fervenza de Vieiros (Vieiros, A Seara). A ruta de sendeirismo existente nun dos lugares máis visitados da Serra do Caurel, quedou seriamente danada polos temporais dos anos 2009-2010. Estes danos impiden que poida seguirse con normalidade en todo o seu espectacular percorrido. Preténdese a súa recuperación integral e a realización de arranxos no pequeno aparcadoiro existente ao carón da estrada que une A Seara con Ferramulín.
Estas melloras completarán as actuacións realizadas polo Concello de Quiroga no territorio do Rede Natura 2000 en exercicios anteriores acolléndose a esta mesma liña de axudas da Xunta de Galicia e que consistiron en: -Sinalización do espazo da Rede Natura en Quiroga, -divulgación entre os escolares e veciños do espazo protexido en Quiroga, -divulgación entre os veciños das parroquias e comunidades de montes implicados directamente, -edición dun folleto, -edición dunha guía dixital do Concello de Quiroga, -eliminación de vertedoiros incontrolados no territorio da Rede Natura, etc.

28 oct 2010

REÚNESE A COMISIÓN ENCARGADA DE SUPERVISAR OS REQUISITOS ESIXIDOS PARA EMPREGAR A MARCA "ACEITE DE QUIROGA"

A Comisión formada por catro olivareiros e un enxeñeiro agrícola que no seu día fixou as condicións esixidas para poder facer uso da marca Aceite de Quiroga, reuniuse novamente na tarde de onte na casa consistorial.

A Comisión que fixara os requisitos de producción, elaboración e comercialización que se lles esixen os productores para acollerse ésta marca, tras a súa ratificación pola corporación municipal en sesión plenaria, tenta agora mellorar a calidade do aceite de Quiroga, valorar as espectativas de mercado e incluso poder chegar a acadar unha denominación de orixe.

Nesta xuntanza a comisión cambiou impresións sobre cales serían as áreas do municipio nas que se poderían recuperar zonas nas que tradicionalmente había oliveiras agora perdidas; e o que esta recuperación suporía para a producción.

Esta comisión creouse para supervisar que quenes usen a marca Aceite de Quiroga, cumpran uns requisitos tanto na producción e na elaboración como na comercialización do aceite; así como para regular e ordenar as plantacións de oliveiras.

Para que o aceite poida levar a etiqueta co nome de Aceite de Quiroga é requisito necesario que a materia prima proceda íntegramente da zona delimitada pola Comisión, ademáis deberase elaborar dentro do noso municipio e con aceitunas das variedades aceptadas pola Comisión.

O proceso productivo estará supervisado en todas as súas fases por unha persoa autorizada polo concello de Quiroga, que certifique que a densidade da plantación, o sistema de poda e recollida ou os tratamentos empregados están establecidos na lexislación vixente.

O aceite xa elaborado pasará unha serie de controis que certifiquen a calidade do producto, como análises organolépticas, físico-químicas e bacteriolóxicas.

Co fin de evitar fraudes o concello levará un rexistro de Plantacións de Oliveiras cos datos do seu titular e da plantación e un rexistro dos muiños existentes que poidan optar ó uso da marca rexistrada.

26 oct 2010

APLAZADO ATA DESPOIS DO SAN MARTIÑO O CONCURSO DE TORTILLA ESPAÑOLA DO CENTRO SOCIAL

O Centro Social aplazou a súa actividade de manualidades gastronómicas adicada a tortilla española, que tiña organizada para mañá mércores.

Segundo a dirección do centro, esta actividade, que non se trata dun concurso propiamente dito, se non dunha actividade na que se porán en práctica formas, tamaños, sabores e presentacións dunha tortilla española, desenvolverase o vindeiro mes de novembro, unha vez pasadas as festas do San Martiño.

O centro anunciará con antelación a data na que se desenvolverá a actividade, aínda que as bases para participar nun principio non se modificarán. Así os ingredientes básicos esixidos son as patacas e os ovos, cada participante poderálle engadir calquera ingrediente que desexe.

Cada participante poderá presentar duas tortillas como máximo, pero soamente unha optará a premio. Todalos participantes recibirán premio ou agasallo e ademais as tortillas que o xurado califique como as tres mellores recibirán un premio especial. O valor e o número de agasallos irá en función das tortillas presentadas, que non poderán ser menos de 10 nin máis de 20.

25 oct 2010

O ALCALDE DE QUIROGA ASINA UN CONVENIO COA XUNTA DE GALICIA PARA A APERTURA E O ARRANXO DE 83 CAMIÑOS

O alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, asinou esta mañá un convenio coa Consellería de Medio Rural para o arranxo e apertura de 83 camiños rurais no termo municipal de Quiroga.

Estas obras, presupostadas en 457.000 €, executaríanse a finais deste ano ou principios do 2011, segundo anunciou o rexedor local tras a firma do convenio.

O convenio asinado enmárcanse dentro do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible da Xunta de Galicia.

PEREGRINOS QUIROGUESES CHEGAN A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O medio cento de peregrinos que participaron no tramo do Camiño Francés que discorre por Galicia cheguaron o pasado sábado ó seu destiño. O programa organizado polo concello consistía en recorrer a pé o tramo dende o Cebreiro ata Santiago de Compostela, 145 Km. en total, en sete etapas que se realizaron os sábados.

A etapa do pasado sábado, a sétima na que se dividiu o percorrido, foi xa a última, cun tramo de 13,5 Km, entre as Balizas do aeroporto de Santiago e a Catedral Compostelana.

Un autobús encargouse de levar ós participantes ó punto de partida e de recollelos no final de cada etapa; ademais o autobús estivo durante todos os recorridos a disposición dos camiñantes por se o precisaban nalgún momento.

Tras recorrer os trece kilómetros, os participantes recibiron a Compostela por ter realizado a ruta de peregrinación e tiveron tempo para abrazar o santo e escoitar a misa do peregrino das seis da tarde.

Como remate desta peregrinación que se puxo en marcha a principios do pasado mes de marzo, os participantes disfrutaron dunha cea en Santiago.

22 oct 2010

MANUALIDADES GASTRONÓMICAS NO CENTRO SOCIAL

O Centro Social organizou para o vindeiro mércores, 27 de outubro, unha actividade de manualidades gastronómicas adicada a tortilla española.

Segundo a dirección do centro non se trata dun concurso propiamente dito, se non dunha actividade na que se porán en práctica formas, tamaños, sabores e presentacións dunha tortilla española.

Os ingredientes básicos esixidos son as patacas e os ovos, cada participante poderálle engadir calquera ingrediente que desexe.

Cada participante poderá presentar duas tortillas como máximo, pero soamente unha optará a premio. Todalos participantes recibirán premio ou agasallo e ademais as tortillas que o xurado califique como as tres mellores recibirán un premio especial. O valor e o número de agasallos irá en función das tortillas presentadas, que non poderán ser menos de 10 nin máis de 20.

Todolos interesados en participar deberán presentar as tortillas na oficina do centro ás catro da tarde do día 27, para a súa identificación mediante un número.

21 oct 2010

OS RAPACES DE PRIMARIA DO C.E.I.P. DISFRUTARON DUNHA XORNADA INTERACTIVA DE FOMENTO Á LECTURA

A campaña de fomento da lectura ContoQontigo recalou esta mañá no colexio público de Quiroga. Esta é unha das once paradas que a carpa da campaña irá facendo durante este mes en diferentes centros públicos de primaria da provincia de Lugo, promovida pola área de Cultura da Deputación e a editorial Oqo.

Durante toda a xornada os rapaces de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria; foron os protagonistas a través dos contos, dá música e da imaxinación dunha aventura que se desenvolvía no Pavillón Municipal.

Os alumnos participaron nunha serie de actividades interactivas baseadas no conto "A grande viaxe" e no libro – disco "A nena e o grilo".

20 oct 2010

MEDIO CENTO DE QUIROGUESES PARTICIPAN NA MARCHA DE CONMEMORACIÓN DO DÍA DA LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA

O Centro de Información á Muller do concello de Quiroga realizou onte unha marcha polo paseo fluvial do río Quiroga, co fin de conmemorar o día mundial da loita contra o cancro de mama.

Os participantes, sobre 50, concentráronse nas inmediacións do Auditorio Municipal ás cinco e media da tarde, onde as encargadas do CIM lles colocaban un lazo rosa, símbolo desta xornada.

 

A marcha que comenzaba no Auditorio finalizaba no merendeiro do paseo fluvial, na confluencia dos ríos Quiroga e Sil.

Aínda que a marcha estaba organizada dende o Centro de Información á Muller estaba aberta a todalas persoas que quixeran solidarizarse con esta causa. O obxetivo da xuntanza era expresar a súa solidaridade coas mulleres que sofren este problema e chamar a atención da sociedade sobre a necesidade de extremar as medidas preventivas e de prestar o apoio necesario ás afectadas.



19 oct 2010

JULIO ALVAREZ ELEXIDO CONSELLEIRO XERAL DA NOVA CAIXA GALICIA

O alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, foi reelexido como conselleiro xeral de Caixa Galicia.

A asamblea xeral de Caixa Galicia, órgano supremo de goberno e decisión desta entidade, está composta por 160 membros, que teñen a denominación de conselleiros xerais.

Na tarde de onte reuniuse na Coruña, nunha xuntanza extraordinaria a asamblea xeral, á que acudía Julio Alvarez. Nesta xuntanza extraordinaria tomáronse diferentes decisións, entre as que se atopaba a de reafirmar a integración de Caixa Galicia e Caixa Nova, na que será a a primeira entidade financieira de Galicia e a quinta caixa de España.

Outro dos puntos tratados foi o da creación dos órganos de dirección da nova entidade, ratificando os conselleiros delegados, entre os que se atopa Julio Alvarez, que renovou o seu cargo como conselleiro xeral.

18 oct 2010

XUVENTUDE ORGANIZA UN CURSO DE CORREO ELECTRÓNICO, BLOGS, YOUTUBE E REDES SOCIAIS

A Oficina de Xuventude do Concello de Quiroga organíza unhas xornadas de achegamento ó correo electrónico, blogs, youtube e redes sociais en colaboración coa Xunta de Galicia.

Este curso, dirixido a todalas persoas sen límite de idade, comezará o martes día 2 de novembro ás oito do serán no telecentro da Casa de Cultura. E impartirase durante todo o mes de novembro, os martes durante duas horas semanais.

Para máis información ou para incribirse poden acudir á Casa da Cultura ou chamar o teléfono 982 435 125.

15 oct 2010

AS MULLERES DE QUIROGA CONMEMORARÁN O DÍA CONTRA O CANCRO DE MAMA CUNHA MARCHA POLO PASEO FLUVIAL

O Centro de Información á Muller do concello de Quiroga organizou unha marcha polo paseo fluvial do río Quiroga, co fin de conmemorar o día mundial da loita contra o cancro de mama.

A camiñata terá lugar o vindeiro martes día 19 de outubro, saíndo dende as inmediacións do Auditorio Municipal ás cinco e media da tarde e finalizando no merendeiro do paseo fluvial, na confluencia dos ríos Quiroga e Sil.

Aínda que a marcha está organizada dende o Centro de Información á Muller está aberta a todalas persoas que queiran solidarizarse con esta causa.

14 oct 2010

O CENTRO SOCIAL ABRE MAÑÁ UNHA EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES DOS SEUS SOCIOS

O Centro Social abrirá a partir de mañá unha exposición que recolle os traballos realizados polos socios nos últimos obradoiros de manualidades.

Na exposición recollense máis de 80 traballos realizados polos socios que participaron nos obradoiros de manualidades dos anos 2009 e 2010, que se centraran na elaboración de bonecas de fantasía, traballos coa técnica do decoupage en madeira e cristal e o repuxado con estaño.

Cada participante nestes obradoiros aportou un máximo de tres traballos para formar parte desta exposición que está instalada na biblioteca do centro social e que se poderá visitar ata o día 31 de outubro, en horario de catro e media da tarde ata as oito do serán.

13 oct 2010

A GARDA CIVIL CELEBRA A FESTA DA SÚA PATRONA

A Garda Civil de Quiroga celebrou onte a festividade da súa patroa a Virxe do Pilar, acompañada por un bon número de familiares e amigos.

Os actos oficiales dereon comenzo coa celebración cunha misa na igrexa parroquial de San Martiño de Quiroga a partir das doce e media da mediodía, á que acudían numerosos veciños e personalidades políticas.

Tras a celebración dos actos relixiosos a numerosa comitiva trasladouse a un coñecido restaurante da vila onde poideron disfrutar dunhas tapas e un viño español.

8 oct 2010

A PISTA MULTIDEPORTIVA DO PARQUE DA CONSTITUCIÓN GRATUITAMENTE A DISPOSICIÓN DOS USUARIOS DENDE HOXE

Esta mañá traballadores dunha empresa privada colocaron as canastras e as porterías da pista polideportiva ó aire libre ubicada no parque da Constitución. Tras a colocación do mobiliario, a pista quedará aberta ó público dende esta mesma tarde e a disposición dos usuarios.

A pista é descuberta e conta con peches metálicos de catro metros de altura, de tal xeito que se poden practicar sen problemas deportes como tenis, baloncesto, balonmán ou voleibol.

Ó contrario da pista situada entre o Auditorio e o Colexio, que se centra preferentemente na práctica do tenis, polo que está pechada e para o seu uso é preciso solicitalo previamente na Casa da Cultura; a do parque da Constitución estará permanentemente aberta ó público.

A dotación destes dous espacios supuxo unha inversión de 60.000 €, inversión para a que o concello contou coa colaboración da Xunta de Galicia.

7 oct 2010

ULTIMADAS AS ACTIVIDADES QUE OFERTA O CONCELLO PARA O ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO

Os encargados de organizar as actividades que ofertará o concello de Quiroga para este último trimestre do ano reuníronse onte novamente na casa consistorial.

Unha vez máis cultura, muller, terceira idade, xuventude e infancia foron os colectivos representados para os que se ofertarán actividades. Nesta xuntanza xa se presentou o folleto no que se recollen todas as actividades e que se poñerá a disposición dos veciños.

Neste mes de outubro, continuarase cos obradoiros do programa de apertura dos centros educativos fora do horario escolar, coa ludoteca municipal, os cursos de natación na piscina de Monforte, as escolas deportivas de fútbol sala, atletismo e tenis e os bailes do centro social. O día 19 está prevista unha marcha de mulleres polo paseo fluvial para conmemorar o día mundial da loita contra o cancro. Tamén se desenvolverá un concurso de fotografía e outro de elaboración de tortilla española. Os máis pequenos poderán disfrutar ademais dunha festa de Halloween.

En novembro os protagonistas serán os actos organizados para conmemorar a festividade do San Martiño e o día da non violencia contra as mulleres. Ademais organizarase un curso de redes sociais, correo elctrónico, blogs e youtube dende a área de xuventude e retomarase o ciclo de representacións teatrais.

O mes de decembro estará centrado en todo o referente ó Nadal, con concursos para os máis novos, bingos e celebracións no centro social e o tradicional concerto de Nadal.

5 oct 2010

INICIADAS NUMEROSAS ACTIVIDADES COINCIDINDO CO INICIO DO MES DE OUTUBRO

Co inicio do mes de outubro comenzaron numerosas actividades organizadas tanto dende o concello de Quiroga como dende distintas asociacións que dan comenzo á tempada 2010 -2011.

Unha das primeira actividades en comenzar foron as clases de danza galega, que se impartirán os venres dende as cinco da tarde ata as seis no salón de baile do Centro Social da Terceira Idade. A partir das oito faríano as clases de música galega na Casa da Cultura, que se impartirán todolos venres dende as oito ata as dez da noite.

Ás oito do serán o concello de Quiroga en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística puxo en marcha un curso de galego, preparatorio para as probas do Celga 3. O curso de 75 horas de duración, impartirase no Colexio de Educación Infantil e Primaria dende as oito do serán ata as dez e media da noite.

A Asociación de Mulleres San Martiño oferta catro actividades para a tempada 2010/2011: Informática, Tenis, Manualidades e Bailes de salón.

O curso de manualidades, comenzou o pasado venres, e impartirase todolos venres dende as catro e media da tarde ata as seis e media nas instalacións do Colexio de Educación Infantil e Primaria.

Os bailes de salón deron comenzo o domingo, desenvolvendose no salón de baile do Centro Social os domingos de cinco e media da tarde a seis e media.

Esta tarde comenzará a actividade de tenis que se disputá na pista de tenis das inmediación do Auditorio os martes dende as seis da tarde ata as sete. E finalmente o curso de informática comenzá mañá, 6 de outubro, e impartirase os mércores de sete a oito da tarde no telecentro da casa da cultura.

O concello puxo en marcha o sábado o obradoiro de teatro para nenos e nenas de todas as idades. Esta actividade forma parte do porxecto de apertura de centros educativos fora do horario lectivo, cofinanciado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o concello de Quiroga e coa colaboración dos centros educativos locais.

Ademáis do obradoiro de teatro o programa inclue inglés, que comenzará mañá a partir das catro e media da tarde; téncinas de estudio, reforzo a través das técnoloxías da información e a comunicación, Técnicas de manexo e busca de información a través das novas tecnologías e habilidades de relación e comunicación social.

1 oct 2010

INAUGURADA UNHA NOVA SALA PARA ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS

O concello de Quiroga inaugurou esta mañá un novo equipamiento municipal para a práctica física e deportiva que conta con diferentes elementos para o exercicio físico.

A nova sala está ubicada na 1ª planta do Centro Social, cunha superficie de máis de 60 mts cuadrados e nela podense realizar exercicios de ximnasia con diferentes maquinas estáticas de carácter semiprofesional, como bicicletas elípticas, reclinadas, cintas de andar e remos, así como colchonetas, pesas, picas e balons.

Os beneficiarios do novo equipamiento municipal serán todalas persoas adultas do concello de Quiroga, así como os participantes do taller de ximnasia do Centro Social que funciona durante oito meses ó año.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, encargado de inaugurar a sala xunto co concelleiro de Cultura e Deportes José Luis Rivera, calificou a posta en marcha da sala que acollerá o programa “Move as Pernas, move o corazón”, como moi interesante. Onde mediante unha actividade física cómoda e adecuada, se pode conseguir un grao de saúde e benestar mellorando a calidade de vida dos veciños.

Os elementos de ximnasia que ten a nova sala foron subvencionados pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.