Dende a Oficina de Xuventude do Concello de Quiroga organízase para este mes de novembro un curso de achegamento a internet 2.0.
Este curso, impartido por un técnico entendido na materia, comezará o luns día 14, e terá lugar os días 14, 16, 21, 23 e 28 de novembro de 20:00h. a 22:00h. na aula Cemit da casa de cultura.
Os contidos do cursiño serán o correo electrónico, as redes sociais, os blogues, as aplicacións online e a imaxe.
O custo do curso por persoa é de 10 € e para poder asistir hai que ter desenvoltura co ordenador, manexo do ratón, teclado etc.
Para anotarse pódese chamar ao teléfono 982435125 ou pasar pola casa de cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario