A sala de
exposicións da casa da cultura acollerá a partir do vindeiro martes a
exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas que, contando coa colaboración do Concello de
Quiroga, poderase visitar ata o día 10 de decembro.
A idea base
que fundamenta a exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” é a de sensibilizar e fomentar a
participación da cidadanía no desenvolvemento de medidas efectivas para loitar
contra os efectos do cambio climático.
A
exposición está composta de paneis informativos, un documental sobre o cambio
climático, varios módulos como exemplo de solucións a nivel indiviudal para
reducir as emisións de CO2 e de enerxias renovables e finalmante, un caderno de
actividades didácticas.
Os días 28
e 30, terá lugar unha visita guiada na que participarán alumnos e alumnas dos
centros escolares do pobo. Esta visita permite tratar de xeito mais ameno e
distendido os contidos dos paneis. Trátase de que os participantes avancen ao
longo da exposición cubrindo un cuestionario que posteriormente lles será útil
para traballar co caderno de actividades.