O Centro de Información á Muller do Concello vai levar a cabo
diversas actividades con motivo da celebración este domingo do día
Internacional contra a Violencia de Xénero.
Con motivo desta celebración o C.I.M. vai repartir nos
diferentes establecementos da vila, folletos explicativos sobre os distintos
tipos de violencia e o recursos dos que se dispón para combatelos. Estes
folletos, pero adáptados a nenos máis pequenos, repartiranse tamén no colexio de
educación infantil e primaria de Quiroga.
Outra das actividades que se levará a cabo será a colocación dun
libro blanco no concello, o venres dende as dez da mañá ata a unha da mediodía.
Neste libro todos os veciños poderán plasmar o que queiran con motivo desta
lacra social.
Finalmente, levarán a cabo outras duas actividades relacionadas
con este medio informativo, unha delas será hoxe mércores no programa da radio
municipal Siglo XXII, no que se emitirá música en contra da violencia de
xénero. E tamén na televisión local emitirá durante a fin de semana un video con esta temática.
No hay comentarios:
Publicar un comentario