A área de cultura do concello continuará esta tarde
co proxecto “Coñece o teu Contorno: aproveita os seus recursos ”. Nesta ocasión continuarase cun
dos abundantes productos da zona: A castaña.
Nesta ocasión, Verónica Núñez, complementará a
charla anterior na que explicou a súa experiencia como produtores e vendedores
de derivados dá castaña e dos froitos silvestres. Así a partir das seis da
tarde, no Museo etnográfico terá lugar unha xornada baixo o nome da castaña na
cociña galega.
Verónica
Núñez, da empresa Caurelor, ofrecerá aos participantes múltiples xeitos de
preparación deste abundante produto na comarca de Quiroga. Os asistentes poderán degustar distintos pratos realizados con castañas.
A seguinte actividade deste proxecto será unha nova andaina que levará aos participantes ata o pregamento de Campodola- Leixazós,
declarado este ano como monumento natural.
A excursión terá lugar o domingo 18 de novembro. O percorrido
iniciarase ás nove da mañá diante da Casa da Cultura, onde se collerá dirección
a Conchada, para seguir por Mazaira, o alto do Convento, o alto do Boi e o
Miradoiro de Campodola. Pola Hermida baixarase novamente ata Quiroga sobre as
seis da tarde.
En total a ruta considerada de dificultade alta, ten 28
kilómetros. Os participantes deberán levar a súa comida e bebida para o
percorrido.
Os interesados en anotarse ou solicitar máis información, poden
dirixirse á Casa de Cultura ou no teléfono 982.43.51.25, antes do venres 16 de
novembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario