A delegación de Cultura organizou un obradoiro de arqueoloxía no
Museo Xeolóxico de Quiroga o sábado día 24 de novembro. O obradoiro, que se
desenvolverá dende as once da mañá ata a unha e media, estará dedicado á metodoloxía
arqueolóxica e mostra e análises de pezas.
Na actividade tomarán
parte os arqueólogos Iván Álvarez e Tania Arias, que explicarán dunha
forma prática os diferentes pasos que se seguen habitualmente desde que unha
peza arqueolóxica é descuberta e desenterrada polos investigadores ata que
acaba sendo exhibida nun museo. Iván Álvarez ten levado a cabo numerosas
investigacións en xacementos galegos, principalmente dás épocas castrexa,
romana e altomedieval, mentres que Tania Arias colabora desde hai anos no estudo dos
xacementos paleolíticos do sur lucense.
As persoas interesadas en participar ou en recibir máis
información poden pasar pola Casa da Cultura ou chamar ao teléfono
982.43.51.25.
No hay comentarios:
Publicar un comentario