O director
xeral de patrimonio cultural da Xunta de Galicia, José Manuel Rey Pichel,
estivo o pasado venres visitando a igrexa de Hospital. Esta non é a primeira
vez que o director de patrimonio visita o templo no que o seu departamente investiu
uns 300.000 €, dende o ano 2005, cando comenzaron as obras de restauración.
As últimas
obras levadas a cabo dende a Consellería de Cultura e Turismo foron as da restauración
e acondicionamento da capela de San Xoán de Hospital nas que se invertiron
85.000 €.
Rey Pichel
tamén estivo contemplando as obras de restauración do retablo maior da igrexa que é de estilo barroco, de
finais do século XVII ou algo posterior. Aínda que o seu departamento non
realiza estas obras, sí ten que dar as autorizacións pertinentes para poder
levalas a cabo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario