24 dic 2014
I ANDAINA-CARREIRA SOLIDARIA DE QUIROGA
O departamento de deportes do Concello de Quiroga vai a celebrar a I
Carreira Solidaria o día de fin de ano, 31 de decembro ás cinco da tarde. Esta
vai a ser unha proba non competitiva e solidaria.
A inscripción será totalmente gratuita a cambio
dunha achega voluntaria de 2 kilos de comida non perecedeira para entregar no
Banco de Alimentos de Lugo.
A Primeira Carreira Andaina Solidaria San Silvestre
de Quiroga terá un percorrido de tres kilómetros e medio llanos, coa saída e a chegada
diante do concello.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse
na casa da cultura, no concello de Quiroga ou unha hora antes do inicio da proba.
Todos os participantes serán agasallados cun nariz solidario.
SEN NOTICIAS DO VECIÑO DESAPARECIDO EN CAMPODOLA
Seguese sen
noticias do veciño de Campodola, Vicente Alvarez Vieiros, que leva desaparecido
dende o pasado martes pola tarde cando saiu do seu domicilio acompañado por
dous cans da sua propiedade.
O grupo de
emerxencias municipal, acompañado por membros de Protección Civil, da Garda
Civil e do Servizo de Seprona da Garda Civil, están percorrendo as inmediacións
do pobo en busca do desaparecido. Esta mañá voluntarios de Quiroga sumáronse a
este dsipositivo de búsqueda.
Ata o de
agora os resultados do perativo foron negativos polo que a Garda Civil decidiu
recurrir a cans especializados na búsqueda de cadáveres para atopar ao home, xa
que se pensa, que resultaría case imposible que este veciño se atopase con vida
despois de pasar tantos días no monte e á intemperie coas baixas temperaturas
rexistradas.
O
dispositivo está peinando dende hai sete días un amplo radio de cobertura ao
redor do núcleo de Campodola, para tentar dar con algunha pista que indique o
que lle puido acontecer a este veciño, ou do seu paradeiro.
Os equipos peitearon toda a montaña do
pregamento de Campodola, os camiños que puido facer o desaparecido e as
inmediacións da aldea na que el e a súa parella son os últimos habitantes, pero
de momento non hai nin rastro do home.
COMEZAN OS PREPARATIVOS DA XXXIII FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA
Xa se reuniu a comisión
organizadora da XXXIII Feira do Viño de Quiroga, que terá lugar os días 4 e 5
de abril. Nesta reunión creáronse as distintas subcomisións para ir perfilando
o programa do evento.
Seguindo
a tradición, cada ano nun tramo da rúa Real, nesta edición o recinto feiral situarase
na parte de arriba da rúa.
Tamén
se acordou abrir o prazo de inscrición dos colleiteiros interesados en
participar, do 9 ao 23 de xaneiro, e
perfiláronse os requisitos para participar na XXXIII edición:
- Cantidade mínima: 200 botellas de viño branco e 250
botellas de viño tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou
superior na adega.
- Graduación alcohólica mínima:
12 º para o viño branco.
11,5 º para o viño tinto.
- Acidez volátil máxima: 0,5
gr. acético/l. para o viño branco.
0,6 gr.
acético/l. para o viño tinto.
Unha
vez rematado o prazo de inscrición, procederase a recollida das mostras para
realizar os análises organolépticos dos caldos.
CONCERTO SOLIDARIO DE PIANO A CARGO DO DOUTOR JOSEP RAMOS LARA
O Concello de Quiroga ten programado
para o vindeiro domingo, día 28 a partir das 19:00 h, no Auditorio
Municipal de Quiroga o Concerto
solidario de Canto e Piano “Peasant Poms Música Cinematográfica”, a cargo de Josep
Ramos Lara, a favor da Asociación
“Escuelas de la Tierra”.
A
entrada será de balde, as persoas que
queiran achegar os seus donativos a “Escuelas de la Tierra” poderán facelo
nunha urna colocada a tal efecto. Membros desta asociación, veciños de Quiroga,
explicarán a labor educativa que
desenvolven en países coma Bolivia e tamén en España.
Josep Ramos Lara, comeza os seus estudos
de piano, aos 16 anos, no conservatorio do Liceo de Barcelona, a súa cidade
natal. Este seria o seu primeiro contacto coa música que pasaría a converterse
nunha das súas grandes paixóns e cuxo estudo xa non abandonaría.
Máis tarde,
buscando novos camiños para complementar
a súa formación musical, empeza a formarse como cantante. Como o seu interese
pola musica vai en aumento, continua ampliando os seus estudos en canto, piano
e composición no conservatorio Calouste Gulbenkian de Aveiro (Portugal), na
“Escuela Hispano Rusa de Altos Estudios Musicais” e na Escola Berenguela de
Santiago.
Paralelamente
a esta faceta, está a académica que o levou a facer medicina, outra das súas
paixóns. Actualmente exerce a súa profesión no PAC de Quiroga.
19 dic 2014
CONCERTO DE NADAL
O concello de Quiroga organizou para mañá
sábado, a partir das sete da tarde, o tradicional concerto de Nadal.
O concerto inclúe un ano máis as actuacións da
banda de gaitas San Martiño, dos grupos de baile Arume da Queiruga e San
Martiño, e da Coral Polifónica de Quiroga; así como dos alumnos e alumnas das
clases de piano.
Ao longo deste festival tamén se fará a
entrega dos premios dos concursos de postais de Nadal e do X certame de relato
curto.
CONCERTO GREGORIANO NA ERMIDA
Este
domingo, na parroquia da Ermida tera lugar unha misa-concerto de Nadal a cargo
da Schola Gregoriana Lucensis. Como consecuencia: ese día non haberá misa pola
maña na parroquia da Ermida, a misa será ás 17:30. Esta misa estará presidida
polo párroco José Luis Regueiro González, delegado do clero lucense.
O
concerto está organizado pola Parroquia Sagrado Corazón de Lugo, en
agradecemento pola "Operación Kilo" que se desenvolveu dende as
parroquias de Quiroga e o
Caurel.
ESTA MAÑÁ PRESENTOUSE O LIBRO "OS BOLECHAS VAN A QUIROGA"
O Concello de Quiroga ven de editar o libro “Os Bolechas van a Quiroga”.
A presentación desta obra de Pepe Carreiro editada na editorial Bolanda, tiña lugar esta mañá, no
Salón de actos da Casa da Cultura. Ao acto asistían autoridades locais e os alumnos e alumnas do CEIP de Quiroga, aos
que o Concello agasallou cun exemplar da obra.
O
obxectivo deste libro é, dar a coñecer o inmenso patrimonio artístico, paisaxístico,
etnográfico e cultural que agocha o noso municipio a través das aventuras
dos supercoñecidos e famosos personaxes
dos Bolechas. Os protagonistas desta hitoria visitan os principais puntos de
interés turístico do concello coma o Castelo dos Novaes, a Igrexa da Ermida e a
de Hospital, Montefurado, a Mina romana de Margaride, o Pregamento de
Campodola, ou a Lagoa de Lucenza. Presentando ao lector
os importantes recursos turísticos cos que conta esta Comarca.
Estamos
ante unha guía turística de promoción do
Concello de Quiroga que, a través dos nenos e nenas, chegará ao público
familiar fomentando o turismo no municipio.
O
libro poderá adquirirse, nas librerías da vila que estean interesadas en
poñelos á venda e tamén no Museo Etnográfico e no Museo Xeolóxico.
CONTINÚA A BUSQUEDA DO VECIÑO DE CAMPODOLA DESAPARECIDO
Continúa a búsqueda
do veciño de Campodola, Vicente Alvarez Vieiros, que leva desaparecido dende o
pasado martes pola tarde cando saiu do seu domicilio acompañado por dous cans
da sua propiedade.
Por terceiro
día consecutivo, o grupo de emerxencias municipal, acompañados por membros de
Protección Civil, da Garda Civil e do Servizo de Seprona da Garda Civil ca
unidade canina, están percorrendo as inmediacións do pobo en busca do
desaparecido.
Esta mañá uníase
ao operativo o grupo de rescate de Trives, para tentar dar co desaparecido,
pero ata o de agora, a búsqueda aínda non deu resultado.
O
dispositivo está peinando un amplo radio de cobertura ao redor do núcleo de
Campodola, para tentar dar con algunha pista que indique o que lle puido
acontecer a este veciño, ou do seu paradeiro.
Os traballos
de búsqueda prolongaranse durante toda a xornada ata que o permita a luz do día
ou ata que se atope algunha pista do seu paradeiro.
5 dic 2014
CONVOCADOS OS CONCURSOS INFANTÍS DE POSTAIS E POESÍA DE NADAL
A área de Educación do concello
organizou o concurso de Postais de Nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
As postais realizadas en medio folio,
evidentemente tendo como tema o Nadal, deberán de presentarse na Casa da
Cultura antes do 18 de decembro.
As postais deberán de presentarse
acompañadas dun sobre pechado no que se incluirán os datos do autor.
Establécense cinco categorías para o
concurso. Categoría A para os participantes de 3 a 4 anos; B para participantes
de 5 a 6 anos; categoría C de 7 a 8 anos; categoría D de 9 a 10 anos; e
finalmente categoría F para os participantes de 11 a 12 anos.
Os premios, que serán premios
sorpresas, entregaránselle aos gañadores o sábado 20 de decembro.
E a biblioteca pública municipal de Quiroga
convoca o certame de poesía
infantil “nadal 2014” (fase
local), no que poden participar todos os nenos e nenas, con poemas sobre o tema
xenérico de “O NADAL”.
Establécense tres categorías: A, ata 8
anos, B de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos. Cada
autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en
galego e a súa extensión será como
máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo, acompañarase
unha folla co nome e demais datos do autor.
O prazo de presentación dos traballos
rematará o vindeiro día 22 de decembro, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Municipal.
O
xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada
modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros. Os traballos premiados nesta fase
local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca
Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e
Turismo da Xunta de Galicia.
O fallo do xurado local farase público
antes de rematar a primeira quincena de
xaneiro de 2015.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)