A área de Educación do concello
organizou o concurso de Postais de Nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
As postais realizadas en medio folio,
evidentemente tendo como tema o Nadal, deberán de presentarse na Casa da
Cultura antes do 18 de decembro.
As postais deberán de presentarse
acompañadas dun sobre pechado no que se incluirán os datos do autor.
Establécense cinco categorías para o
concurso. Categoría A para os participantes de 3 a 4 anos; B para participantes
de 5 a 6 anos; categoría C de 7 a 8 anos; categoría D de 9 a 10 anos; e
finalmente categoría F para os participantes de 11 a 12 anos.
Os premios, que serán premios
sorpresas, entregaránselle aos gañadores o sábado 20 de decembro.
E a biblioteca pública municipal de Quiroga
convoca o certame de poesía
infantil “nadal 2014” (fase
local), no que poden participar todos os nenos e nenas, con poemas sobre o tema
xenérico de “O NADAL”.
Establécense tres categorías: A, ata 8
anos, B de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos. Cada
autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en
galego e a súa extensión será como
máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo, acompañarase
unha folla co nome e demais datos do autor.
O prazo de presentación dos traballos
rematará o vindeiro día 22 de decembro, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Municipal.
O
xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada
modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros. Os traballos premiados nesta fase
local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca
Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e
Turismo da Xunta de Galicia.
O fallo do xurado local farase público
antes de rematar a primeira quincena de
xaneiro de 2015.
No hay comentarios:
Publicar un comentario