O Boletín
Oficial da Provincia publicou onte xoves o expedente de expropiación forzosa dos
terreos necesarios para a execución do proxecto de “Habilitación dunha zona de
aparcadoiro público xunto ao Cemiterio Parroquial de San Salvador de Hospital”.
Dacordo coa
Lei sobre expropiación Forzosa e o
Decreto polo que se aproba o Regulamento da Lei de Expropiación Forzosa, comunícaselle,
aos interesados nas parcelas número 925,
cunha superficie de 810 metros cadrados, e a parcela 1335, de 934 metros, ambas
dentro do Polígono 72, e coñecidas co nome de o Caneiro; que se abre un período de 20 días, dentro do cal se lle
require para que manifesten a súa conformidade expresa coa valoración
establecida destes terreos.
A primeira
das parcelas está valorada en 4.860 € e
a segunda ascende á cantidade de 5.884,20 €. Os propietarios deberán manifestar
a súa conformidade nesta cantidade, ou en caso de non ser así, propoñer un
prezo no que se estimen as parcelas para chegar a un prezo de mutuo acordo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario