Quiroga acollerá os día 27 e 28 de novembro unha
xornadas formativas para familiares e coidadores de persoas con alzheimer e
outras demencias.
Estas charlas organizadas por AFAMON, asociación de
familiares de enfermos de Alzheimer, en colaboración co concello de Quiroga,
están patrocinadas polo Servizo Galego de Saúde; e están dirixidas á poboación
en xeral, aínda que prioritariamente a familiares de persoas con Alzheimer ou
outra demencia e a profesionais e estudantes do ámbito sociosanitario.
Con estas xornadas preténdese facilitarlle aos
participantes unha visión integral das demencias e dos coidados que necesitan
as persoas enfermas para que os coidadores, sen esquecer o seu propio coidado, adquiran
os coñecementos básicos que lles axuden a ofrecer atencións de calidade aos seus
familiares enfermos.
A primeira das xornadas, que comezará o xoves 27 a
partir das cinco menos cuarto da tarde, na casa da cultura, contará cunha
charla sobre a prevención na enfermidade do Alzheimer a cargo do neurólogo do
Hospital de Monforte, Daniel García Estévez. A continuación un enfermeiro do
SERGAS falará sobre os coidadeos de enfemería nesta enfermidade.
O venres, día 28, a
xornada comezará a partir das cinco e media da tarde cando unha fisioterapeuta
fale sobre a fisioterapia para as persoas con Alzheimer. E rematará coa
intervención da eduadora social de AFAMON, falando dos beneficios da
estimulación cognitiva nas persoas con estas enfermidades.
As persoas interesadas
en participar deben de inscribirse nas oficionas de servizos sociais do concello,
onda tamén recibirán máis información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario