Numerosas actividades organizadas dende o Concello con motivo da
festa do San Martiño, patrón da vila, que comezarán xa este sábado día 8 as
seis da tarde co acto de entrega da Medalla de Ouro a Don Manoel Carrete
Rivera, acto que terá lugar no salón de actos da Casa do Concello.
As sete a compañía Nostrum Cai
presenta a obra teatral “Radio Universo” no Auditorio Municipal.
Dentro das actividades deportivas o domingo día nove as doce do mediodía terá lugar a
xa tradicional Carreira Popular San Martiño, na carreira de caracter local,
haberá como sempre varias categorías para rapaces e rapazas de 6 a 15 anos, a
saída e meta estará situada diante da Casa Consistorial e o recorrido será
dentro da casco urbán. As catro e cuarto e no campo do San Martiño o F.C.Quiroga
enfróntase o Garabolos.
O martes, día de San Martiño e festa local, as once menos cuarto pasarúas
a cargo da Banda de Gaitas polas rúas do pobo, ás doce da mediodía se o tempo o
permite celebrarase a procesión na que o Santo homenaxeado recorrerá a Praza
Maior. Ao remate dos actos relixiosos actuarán o grupo de danzas Arume da
Queiruga acompañado da banda de gaitas San Martiño.
Pola tarde, a partir das catro, xogos populares para os máis pequenos e a
partir das sete da tarde castañas asadas e viño novo, amenizadas pola
música do duo Fondo Tropical.Nun descanso da festa, sobre as nove da noite
terá lugar a entrega de premios dos os rapaces que participen nos xogos
populares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario