Quiroga segue sendo un dos municipios máis popular do sur da provincia
de Lugo, ao acadar o 64,37% dos votos emitidos na xornada de onte. O PP foi a
opción elexida pola maioría dos quirogueses, concretamente por 1.487.
A participación nestes comicios foi alta, dun 73,52%, o que se
traduce en que 2.310 quirogueses acudiron ás urnas, nunha xornada sen
incidencias, para exercer o seu dereito a voto nestas eleccións autonómicas. Do
total de votos acadados 1.487 foron para o Partido Popular; 390 para o PSOE; 165
para o BNG; 126 para Alternativa Galega de Esquerda; 9 para Unión Progreso y
Democracia; 10 para Escaños en Branco; e 22 para outras formacións. Ademáis
houbo 36 votos en branco e 65 foron nulos.
No municipio de Quiroga unha vez máis constituíronse sete mesas
electorais: na mesa situada en Vilar de Lor votaron os veciños censados no Lor
Alto e no Lor Baixo. Dun censo de 289 veciños emitíronse 205 votos, un 70,93%;
deles 147 para o PP, un 71,70%; 36 para
o PSOE; 8 para o BNG; 5 para Alternativa
Galega de Esquerda e 2 para outras formacións. Houbo tamén 3 votos nulos e 4 en
branco.
Na mesa de Montefurado, cun censo de 224 votaron 158, un 70,53%;
destes 114 foron para o PP, o que equivale a un 72,15%; 26 para o PSOE; 7 para o BNG; 6 para Alternativa Galega de
Esquerda e 1 para outras formacións. Houbo tamén 3 votos nulos e 1 en branco.
Na mesa de Sequeiros, cun censo de 236 votantes, exerceron este
dereito 181, o que supón un 76,69%. Nesta mesa o PP acadou 135 votos, o que
equivale a un 74,58% dos votos; o PSOE 22; BNG 10; e 6 para Alternativa Galega de
Esquerda. Houbo tamén 1 voto nulos e 7 en branco.
Na mesa situada na escola de Santa Cubicia, onde votaron os
veciños comprendidos entre as parroquias do Hospital e A Seara, cun censo de 634
persoas, recolleu un 77,28%, 490 votos. O PP acadou 295, o 60,20%; o PSOE 106,
o BNG 33, 30 para Alternativa Galega de Esquerda e 4 para outras formacións.
Houbo tamén 17 votos nulos e 5 en branco.
Na mesa situada na Casa da Cultura, que acollía os veciños das
parroquias da Ermida e do Nocedo, dun censo de 219 votaron 170, un 77,62%:
destes votos 110 foron para o PP, o
64,70%; 33 para o PSOE, 11 para o BNG; 6 para Alternativa Galega de Esquerda e
3 para outras formacións. Houbo tamén 3 votos nulos e 4 en branco.
Na primeira mesa do Centro Social, na que votaban os veciños
censados na parroquia de San Martiño con apelidos comprendidos entre o A e o J,
dun censo total de 646 recibiu 448 votos, un 69,34%. Por partidos políticos, o
PP acadou 227, un 61,83%; o PSOE 66, o BNG 41, 34 para Alternativa Galega de
Esquerda e 8 para outras formacións. Houbo tamén 17 votos nulos e 5 en branco.
E finalmente, na segunda mesa situada no Centro Social, onde
votaban os apelidos dende o J ata o Z, a máis numerosa de todas, cun censo de 894
acadáronse 658 votos, o que supón un 73,60%. Nesta mesa o PP acadou 409 votos, o
62,15%; o PSOE 101, o BNG 55, 39 para Alternativa Galega de Esquerda e 23 para
outras formacións. Houbo tamén 21 votos nulos e10 en branco.