A Asociación
Socio Cultural da comarca de Quiroga organizou unha ruta de sendeirismo polo
canón do sil para o domingo día 28 de outubro.
A ruta Castro de Abaixo – Torbeo – A Cubela – Castro de Abaixo, ten un
total de 16 km cunha dificultade moderada.
Para a ruta partirase dende a casa de Cultura ás oito e media da
mañá. Dende a ponte de Augasmestas os camiñantes dirixiranse a Castro de
Arriba, subindo pouco a pouco ata Torbeo, onde se fará un pequeno descanso
antes de emprender a vertixinosa e espectacular baixada ata a Cubela, pasando
por Pena Tallada e disfrutando do espectacular meandro do río Sil. Tras o
xantar que se farán na Cubela, os camiñantes
continuarán pola parte máis espectacular da ruta, que transcorre pola
marxen dereita do río Sil ata o punto de partida.
Para máis información ou realizar as inscripcións, os
interesados deben dirixirse a tenda Arkine, oficinas Goni ou a fontanería
Benja.
No hay comentarios:
Publicar un comentario