As clases de piano e guitarra organizadas
dende as áreas de educación e de xuventude do concello comenzaron onte cunha
xuntanza do profesor e alumnos para fixar horarios e facer os grupos dos
participantes.
As
clases serán impartidas por Alexandro González, coñecido artista do grupo
“Capitán Sonoro” e actual voz do grupo “Los Árboles”, tamén foi compositor de
coñecidos temas, como:- A banda sonora para o corto "El último trago" para Saga tv. Primeiro premio Mestre Mateo.-
O espacio sonoro para a producción teatral “Mundo Lois”.-
ou a canción "Os socios unidos" para o programa infantil Xabarín Club de TVG.
O
curso impartirase todos os mércores e debido o alto número de participantes, 32
en total, realizaranse varios grupos. Así en horario de 5 a 6 da tarde as
clases de piano e guitarra serán para os nenos de 4 a 7 anos, de 6 a 7
para os rapaces de 8 a 12 anos e
finalmente os maiores repartiranse en dous grupos, un primeiro grupo dende as
sete ás oito e un segundo grupo dende as oito do serán ata as nove da noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario