Dende as áreas de educación e de xuventude do
concello de Quiroga, dirixidas por Dna. Ana Núñez García e Dna. Rosa Arza
Rodríguez, respectivamente, organízanse clases de piano e guitarra para todas
as idades.
Estas
clases serán impartidas por Alexandro González, coñecido artista do grupo
“Capitán Sonoro” e actual voz do grupo “Los Árboles”, tamén foi compositor de
coñecidos temas, como por exemplo:
- O espacio sonoro para a producción teatral “Mundo Lois”.
- A canción "Os socios unidos" para o programa infantil Xabarín Club de TVG.
O
curso comezará o día 3 de outubro na casa de cultura, e impartirase todos
os mércores de 19 a 20 horas para nenos e nenas, e de 20 a 21 horas para
adultos. As clases terán un custo por alumno de 15 euros.
Para
apuntarse a ditas clases só hai que pasar pola casa de cultura ou chamar ó 982
435 125.
No hay comentarios:
Publicar un comentario