A praza de España de Quiroga vai acoller o vindeiro día 1 de
outubro unha campaña de información e concienciación sobre a recollida
selectiva e a reciclaxe.
Ao longo das
últimas décadas, o traballo constante das Administracións Públicas e das
entidades que velan pola mellora e conservación do Medio Ambiente,
especialmente a prol da reciclaxe e da reutilización dos envases, obxectos,
ferramentas e electrodomésticos cotiáns, trouxo consigo unha progresiva
concienciación dos consumidores, que cada vez son máis conscientes da
importancia de “reciclar, reutilizar e reducir”.
Pero
paradóxicamente, unido á boa vontade do consumidor concienciado, existe unha
tendencia aínda elevada a reciclar erróneamente. É o que se coñece co nome de “impropios”,
é dicir, aqueles residuos que son depositados de forma equivocada no contenedor
de reciclaxe. Segundo datos de Ecoembes, o 22,9% dos residuos do contenedor
amarelo (envases de plástico, latas e bricks) e o 2% do contenedor verde
(residuos non reciclables) son impropios.
Desta forma Ancaria SL, xunto coa Consellería
de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e Ecoembes vai levar a cabo unha campaña
encaminada a informar e concienciar sobre a recollida selectiva e a reciclaxe
en concellos galegos cunha taxa de impropios sitúase entre o 30 e o 35 por
cento.
O obxectivo desta campaña é acadar a
diminución da porcentaxe de ditos impropios e aumentar a recollida selectiva
axeitada dos mesmos. Para elo, prantéxase unha campaña extensiva oriéntada en
dúas vertentes: actividades enfocadas a público adulto preferentemente entre 18
e 65 anos e a estudantes de primaria de 10 a 12 anos.
A contará cunha parte informativa
teórico-práctica sobre as vantaxes da reciclaxe e da recollida selectiva, a
prevención na xeración de residuos, e o adecuado manexo dos mesmos á hora de
depositalos no colector apropiado.
Obradoiros creativos con materiais reutilizados, co obxectivo de aportar
ideas sobre que facer con moitos residuos antes de tiralos. E finalmente un exame voluntario aos
asistentes co fin de avaliar os coñecementos adquiridos durante a sesión. E
tras el, os participantes recibirán un agasallo premiando o seu interese e
colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario