A Parroquia
da Hermida comenza esta noite as súas festas na honra a Virxe dos Remedios. Os
actos comenzarán unha vez remate a novena coa degustación dunha pancetada que
estará acompañada da música do dúo Armonía.
Maña propio
día da celebración haberá varias misas ao longo da mañá, ás nove e media, as
once, as doce e a unha, esta última contará coa procesión na que sairán o meco
e as pampornigas, simbolo identificativo desta festividade. A sesión vermouth
estará amenizada pola banda de música do Carballiño. Pola tarde, ás seis e
media haberá xogos infantís e a festa e verbena correrá a cargo da orquestra
Venecia.
O domingo,
tamén se celebrarán actos relixiosos, ás nove e media, as once e a unha, este
último contará tamén con procesión. A música da noite virá da man da orquestra
Alarma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario