Unanimemente aprobouse na tarde de onte o Plan Xeral de Ordenación
Municipal. Na sesión plenaria extraordinaria de onte todos os grupos
coincidiron na necesidade deste plan, incluso o alcalde – presidente Julio
Alvarez, chegou a afirmar que era a mellor herdanza que unha corporación lle
podía deixar a un concello.
A oposición, aínda que apoiando a
aprobación do plan, criticou a tardanza na súa elaboración, e o elevado custo
da súa elaboración, para o que se vai contar cunha subvención; pero non entrou
en detalle en como afectaba esta ordenanza a zonas concretas. O alcalde
recordoulle aos concelleiros que este a elaboración destes plans prolongase no
tempo debido a que todas as partes afectadas teñen que opinar, dende os propios
veciños ata os concellos limítrofes.
O
plan Xeral Ordenación Municipal comeza a elaborarse no 2001. A súa adaptación a varias novas leis de
urbanismo fai que ata o 2 de febreiro do 2009 non se aprobe inicialmente en
sesión plenaria, comezando o seu período de información pública. No ano 2013 ca
memoria ambiental aprobada, presentase o documento para proceder a súa
aprobación provisional no pleno da corporación. O 90 % das alegacións
presentadas (cerca de mil alegacións entre ás dúas exposicións públicas) polos
interesados durante o período de información pública do Plan Xeral foron
estimadas.
Actualmente,
no municipio de Quiroga están vixentes unas Normas Subsidiarias de Planeamento
Municipal, aprobadas o 21 de marzo de 1995. Neste Plan Xeral recóllese un
aumento de solo urbano na zona da Ribeira, Toucedo e Paciovello. Delimítanse os
112 núcleos urbanos e faise unha protección férrea no aspecto ambiental na zona
da Seara así como do patrimonio artístico, destacando a zona de Montefurado,
Margaride, Hermidón, Hospital, ou Bendilló, compatibilizando a explotación
mineira da lousa na zona de Pacios da Serra e Vilarbacú.
Tras esta aprobación, o
plan xeral seguirá a súa tramitación na Xunta de Galicia. A Corporación
Municipal agarda que tras ser aprobado unanimemente e tras ceñirse ás leis de
ordenación, na Xunta non presenten obxeccións que impidan a súa aprobación
definitiva nuns meses.
O outro punto da sesión e
que tamén foi aprobado unanimemente foi a aplicación do Índice de Prezos ao
Consumo interanual nas ordenanzas reduladoras da taxa polo servizo de
abastecemento de auga e saneamento; polo servizo de sumidoiros e polo servizo de recollida de residuos sólidos
urbanos. Nesta ocasión a aplicación do IPC tradúcese nunha redución, aínda que
mínima no custe deste servizos.