Julio Álvarez Núñez repetirá como alcalde de
Quiroga durante outros catro anos no que será xa o seu oitavo mandato. O Partido
Popular seguirá gobernando no Concello de Quiroga unha vez máis con maioría
absoluta ao acadar oito concelleiros. Os dous grupos da oposición conservan o
mesmo número de edís, pero repartidos doutro xeito: o BNG pasa de dous a un
concelleiro e o PSOE de un sube a dous.
Así o decidiu a maioría dos 2.378 quirogueses
que acudiron as urnas, nunha xornada que transcorriu sen incidencias. A
participación nestes comicios foi moi alta como é habitual no municipio quirogués,
do 78,51%.
Tras o escrutinio dos votos acadáronse os
seguintes resultados: o PP acadou 1.552 votos, o 66,78%; o BNG 333 votos, o 14,32%
e o PSdeG-PSOE con 413 votos acadou un 17,77%. Ademais 54 votos foron nulos e 26
en branco. Isto traducido en concelleiros dá unha nova corporación formada por:
* 8 concelleiros do PP:
Julio Álvarez Núñez
Ana Mª Núñez García
Andrés Novoa Arza
Rosa Mª Arza Rodríguez
José Luis Rivera Castro
María Dolores Sánchez Durán
José Enríquez Álvarez
José Ángel Rodríguez Raposo
* 1 do BNG:
Amparo Montenegro Díaz
* 2 do PSdeG-PSOE:
Vicente Parra Vizcaíno
Maximina Canseco Prieto.
No municipio de Quiroga unha vez máis
constituíronse sete mesas electorais: na mesa situada en Vilar de Lor votaron
os veciños censados no Lor Alto e no Lor Baixo. Dun censo de 267 veciños
emitíronse 212 votos, un 79,40%; deles 154 para o PP, 35 para o PSdeG-PSOE e 20
para o BNG.
Na mesa de Soldón, cun censo de 203 votantes,
exerceron este dereito 165, o que supón un 81,28%. Nesta mesa o PP acadou 129
votos, o PSOE 26 e BNG 9.
Na mesa de Montefurado, cun censo de 210
votaron 158, un 75,23%; destes 114 foron para o PP; 25 para o PSdeG-PSOE; e 12
para o BNG.
Na mesa situada na Casa da Cultura, que
acollía os veciños das parroquias da Ermida e do Nocedo, dun censo de 214
votaron 172, un 80,37%: destes votos 100 foron para o PP, 25 para o PSdeG-PSOE
e 44 para o BNG.
Na primeira mesa do Centro Social, na que
votaban os veciños censados na parroquia de San Martiño con apelidos
comprendidos entre o A e o J, dun censo total de 649 recibiu 503 votos, un 77,50%.
Por partidos políticos, o PP acadou 323, o PSdeG-PSOE 91 e o BNG 78.
Na segunda mesa situada no Centro Social, onde
votaban os apelidos dende o J ata o Z, a máis numerosa de todas, cun censo de 888
acadáronse 692 votos, o que supón un 77,92%. Nesta mesa o PP acadou 424 votos,
o PSdeG-PSOE 115, e o BNG 118.
Finalmente, na mesa situada no centro Social
de Campos de Vila, onde votaron os veciños empadroados entre as parroquias do
Hospital e A Seara, cun censo de 598 persoas, recolleu un 79,59%, 476 votos. O
PP acadou 308, o PSdeG-PSOE 96 e o BNG 52.