O vindeiro domingo, co gallo da celebración do Día das Letras
Galegas, o Concello de Quiroga ten
programado una serie de actos que se desenvolverán a no Auditorio Municipal e
no Museo Etnográfico.
Ás
17:45 h: Recepción de Representantes dos
Colectivos Culturais da Vila na Sala de Catas do Museo Etnográfico.
Ás
18:00 h no Auditorio Municipal faraselle un acto de homenaxe ao Gaiteiro da
Ermida D. Colomán González Rodríguez pola súa labor na trasmisión do
patrimonio etnográfico da nosa comarca.
Nesta
homenaxe colaboran o Grupo de Gaitas “O Recanto”, a Banda de Gaitas San
Martiño, Os Gaiteiros da Ermida, o Grupo de Danza “Arume da Queiruga” e o
musicólogo e Director da Real Banda de Gaitas
e da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo.
A
continuación terá lugar a entrega de Premios aos Gañadores do Certame de
Narración e Debuxo Letras Galegas 2015,
covocado pola Biblioteca Municipal e a Biblioteca Nodal de Lugo.
Na modalidade debuxo, os
gañadores foron:
-Na categoría A (ata 8 anos): Antía Rodríguez
García, Natalia Álvarez Díaz,Nadira Robledo Rodríguez e Martín Pérez Rodríguez.
- Na categoría B
(de 9 a 11anos): Icía Marcos García, Emilia Sandra González Macía e Diego Arias
González.
Na modalidade narración:
- Na categoría A
(ata 8 anos). Cristian Álvarez Fuentes, Germán Álvarez Fuentes e Víctor
Rodríguez Ramos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario