A Décimo quinta edición da Mostra do
Aceite, xa recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrouse o
sábado no lugar das Farrapas.
O programa abriuse, a partir das once
e media da maña, coa posta en funcionamento do Muiño de Bendilló, para comezar
coa demostración e elaboración tradicional do aceite. Unha vez máis poidemos
atopar visitantes de diversos lugares de Galicia.
Ás doce da mediodía catarábanse os
seis aceites participantes na mostra no interior da capela das Farrapas. A
calidade dos aceites novamente quedou patente neste acto no que algún chegou a
acadar a nota de matrícula de honra. Os aceites de Quiroga caracterízanse por
ter aromas de carácter frutal, ademais de niveis de picante medios – altos e
unha amargura moderada.
A unha e cuarto, actuacións de danza e
música tradicional galega a cargo das agrupacións locias: Grupo de danzas San
Martiño, Grupo de Gaitas O Recanto e a banda de gaitas San Martiño.
A esta mostra acudiu o xefe territorial
de Medio Rural, Ramón Losada, quen destacou a aposta que a Consellería de Medio
Rural da Xunta de Galicia está facendo polo aceite de Quiroga.
Durante toda a xornada no recinto
feiral estiveron á venda aceite e productos típicos. Os seis olivareiros que
concorreron este sábado foron: Guillermo Nogueira Veloso, Pedro Soto Losada,
Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez, José Manuel López Maseda e Manuel
Mondelo Rodríguez. Todos eles coincidiron en que a pesar que a afluencia de
público era menor que outros anos as ventas foron moi boas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario