O Albergue
Municipal en colaboración co concello de Quiroga e a Deputación Provincial,
organizou para este sábado a segunda etapa do Trail Challenge, o Trail do Lor.
A proba do
Trail do Lor ten fama de ser unha das probas máis duras de Galicia, cos seus 46
km e un desnivel de maís de 3.000 metros. A proba conta tamén cunha modalidade
en mini trail con 18 km.
Tanto a saída,
que será ás nove da mañá, como a chegada estarán no Albergue de Quiroga. A
organización facilitará a cada participante un número para cada unha das
probas, persoal e intransferible, cuxa utilización será obrigatoria.
O
percorrido estará debidamente sinalizado con anacos de fita de plástico de
cores vivas e frechas indicativas, así como referencia quilométricas ao longo
de todo o percorrido.
No
desenvolvemento da proba a organización terá dispostos varios puntos de control
sendo obrigatorio o paso por estes onde se efectuarán os controis de paso
regulamentarios, o non paso ou salto dalgún dos controis será motivo directo de
descualificación da proba.
En cada
unha das probas establecerase un tempo límite para o paso de cada un dos
controis e para a chegada a liña de meta.
Establécense
duas categorías tanto para o sexo masculino como feminino: Absoluta para os que
teñen idades comprendidas entre os 16 e os 45 anos, e veteranos para os maiores
desta idade.
Haberá
trofeos para as 3 primeras personas clasificadas de cada distancia, ademais dun
recordo do circuito a todas aquelas persoas que finalizaran as duas probas
convocadas, esta do Lor e a do Trail do Castelo, que se fixera no mes de marzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario