O Concello de Quiroga, a través do Programa
“Cultura no Camiño”, ten programado para este sábado, ás oito do serán, un
concerto de música tradicional e de autor a cargo do cantautor Emilio Rúa e o grupo de
Pandereteiras Xestreu.
Emilio
rúe é un cantautor ourensán, que conta
cunha longa traxectoria musical. Trinta anos no mundo da música e cinco discos no mercado conságrano coma un referente na música de autor galega.
Xestreu é un grupo de pandereteiras, que nace no ano 2001 coa intención
de traballar no eido da recuperación das
vellas cantigas de raizame popular.
O
Concerto Emilio Rúa & Xestreu, é un espectáculo que consiste na unión a
música de autor ou moderna de Emilio Rúa coa popular e máis tradicional de
Xestreu, que se caracterizan por adaptar temas da música tradicional e doutros
países do mundo, para divulgar a música galega e facela chegar a todo o público
pero especialmente ás novas xeracións.
Fan un repaso e adaptación de temas
como A Carolina, A rianxeira, Camariñas, Miudiño, A pousa, etc, dándolles unha
nova volta e interpretadas dun xeito moi festivo e participativo, pero
elegante.
O programa
“Cultura no Camiño”, enmarcado na continuidade de celebración do Ano
Franciscano, está patrocinado polos Concellos onde se desenvolve (neste caso o
de Quiroga), a Xunta de Galicia, coa coordinación de Turismo de Galicia e da
Axencia Galega de Industrias Culturais, e co
patrocinio privado de Gadisa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario