A Escola Infantil Galiña Azul de Quiroga iniciou esta mañá o novo curso 2012-2013. A xornada de hoxe era de portas abertas,
polo que os cativos acudiron acompañados polos seus país; o venres xa comenzará
o curso cun período de adaptación que se prolongará durante todo o mes de
setembro, dependendo de como se vaian adaptando.
A gardaría de Quiroga é unha escola unitaria destinada a poboación infantil de 0-3 anos
pertencente a rede de escolas da Xunta de Galicia a Galiña Azul, ca
participación do Concello na xestión e financiamento da escola.
O nº de
prazas da escola de Quiroga é de
20( 19+1) pero unha praza
queda reservada para casos de emerxencia
social, ésta praza
so poderán acceder aquelas solicitudes
dirixidas a dirección da escola e presentadas polos servizos sociais do
concello onde radique a escola ou polo departamento competente da Admistración Autonómica.
Este novo
curso iniciase con todas as prazas cubertas, e incluso
con lista de espera, en horario de mañá, pero en horario de tarde aínda quedan
prazas vacantes. Dos 19 nenos/as que comenzan este curso, 9 renovan matrícula, mentras que outros dez
son de novo ingreso.
A escola
oferta o seu servizo en horario de 9 da maña a cinco da
tarde ininterrumpidamente, xa que foi o horario demandado polos pais.
Os prezos que deben pagar os usuarios por este servizo están establecidos polo
Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
e en todo caso non superan os máximos
establecidos nos prezos aprobados pola
Xunta de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario