A Casa da
Cultura acollerá esta tarde, a partir das seis e media, unha charla sobre a
Hixiene e os coidados na pel de bebés, nenos e mamás, organizada pola
Parafarmacia e Perfumería de Quiroga.
A charla
correrá a cargo de Isabel Romero Torrado, do departamento de Formación de Laboratorios
Expansciencie (Mustela) e Olga Otero, directora do Centro de Exd4, especialistas
en ecografias en 3 e 4 dimensiones da Coruña.
Ao rematar
a conferencia todolos asistentes recibirán uns detalles da marca, ademais
efectuarase o sorteo dunha canastilla e productos e duas ecografías gratuitas
en 3 ou 4 dimensións, valoradas en 135 €.
O titular
da Parafarmacia e Perfumeria de Quiroga, Nacho Baliña, querelle agradecer, dende
este medio, ao Concello de Quiroga a cesión das instalacións para levar a cabo
este acto informativo dirixido a todas as mamás da zona de Quiroga, Ribas de Sil e Caurel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario