Este domingo celébranse
unhas eleccións autonómicas nas que están chamados ás urnas 3.142 quirogueses,
que serán os que aos parlamentarios que formarán o goberno galego por un
período de catro anos.
Sete mesas electorais deberán quedar constituídas ás nove da
mañá cos seus correspondentes presidentes e vocais para que os veciños maiores
de 18 anos poidan exercer o seu dereito a votar ata as oito do serán, momento
no que se pecharán oficialmente as mesas.
Na mesa A do Centro Social poderán votar 646 persoas, na mesa B,
894. En Santa Cubicia poderán exercer este dereito 634 veciños e en Soldón, 236.
224 poderano facer en Montefurado e 289 en Vilar de Lor. Finalmente, 219
votantes poderán depositar o seu voto na Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario