O Concello de Quiroga ven de editar o libro “Os Bolechas van a Quiroga”.
A presentación desta obra de Pepe Carreiro editada na editorial Bolanda, tiña lugar esta mañá, no
Salón de actos da Casa da Cultura. Ao acto asistían autoridades locais e os alumnos e alumnas do CEIP de Quiroga, aos
que o Concello agasallou cun exemplar da obra.
O
obxectivo deste libro é, dar a coñecer o inmenso patrimonio artístico, paisaxístico,
etnográfico e cultural que agocha o noso municipio a través das aventuras
dos supercoñecidos e famosos personaxes
dos Bolechas. Os protagonistas desta hitoria visitan os principais puntos de
interés turístico do concello coma o Castelo dos Novaes, a Igrexa da Ermida e a
de Hospital, Montefurado, a Mina romana de Margaride, o Pregamento de
Campodola, ou a Lagoa de Lucenza. Presentando ao lector
os importantes recursos turísticos cos que conta esta Comarca.
Estamos
ante unha guía turística de promoción do
Concello de Quiroga que, a través dos nenos e nenas, chegará ao público
familiar fomentando o turismo no municipio.
O
libro poderá adquirirse, nas librerías da vila que estean interesadas en
poñelos á venda e tamén no Museo Etnográfico e no Museo Xeolóxico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario