O Concello de Quiroga ten programado
para o vindeiro domingo, día 28 a partir das 19:00 h, no Auditorio
Municipal de Quiroga o Concerto
solidario de Canto e Piano “Peasant Poms Música Cinematográfica”, a cargo de Josep
Ramos Lara, a favor da Asociación
“Escuelas de la Tierra”.
A
entrada será de balde, as persoas que
queiran achegar os seus donativos a “Escuelas de la Tierra” poderán facelo
nunha urna colocada a tal efecto. Membros desta asociación, veciños de Quiroga,
explicarán a labor educativa que
desenvolven en países coma Bolivia e tamén en España.
Josep Ramos Lara, comeza os seus estudos
de piano, aos 16 anos, no conservatorio do Liceo de Barcelona, a súa cidade
natal. Este seria o seu primeiro contacto coa música que pasaría a converterse
nunha das súas grandes paixóns e cuxo estudo xa non abandonaría.
Máis tarde,
buscando novos camiños para complementar
a súa formación musical, empeza a formarse como cantante. Como o seu interese
pola musica vai en aumento, continua ampliando os seus estudos en canto, piano
e composición no conservatorio Calouste Gulbenkian de Aveiro (Portugal), na
“Escuela Hispano Rusa de Altos Estudios Musicais” e na Escola Berenguela de
Santiago.
Paralelamente
a esta faceta, está a académica que o levou a facer medicina, outra das súas
paixóns. Actualmente exerce a súa profesión no PAC de Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario