Esta mañá comenzaban as obras de acondicionamento da rúa río Miño. Nesta primeira fase da obra con cargo ao Canon Hidrolóxico e presupostada con 175.000 €, acondicionarase unha zona para vehículos e outra peonil.
Xunto co ensanche da calzada realizaranse as obras para dotar de servizos básicos á zona: saneamento, nova canalización de auga, iluminación e incluso a plantación de árbores.
Nesta primeira fase das obras non se construirán beirarrúas, pero delimitarase o espazo peonil, nas dúas beiras da rúa, por medio do emprego de pivotes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario