O Concello de Quiroga organiza co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao monfortino Lois Pereiro, os actos que terán lugar mañá martes día 17 de maio.
Ás doce do mediodía, no salón de sesións do concello, haberá unha recepción aos membros dos colectivos culturais da vila e, a continuación, actuarán a banda de gaitas e grupo de danzas “San Martiño”.
Os actos no concello rematarán coa entrega dos premios do Certame de narración e debuxo, convocados pola Biblioteca municipal na súa fase local. Os gañadores foron:
•Na modalidade de debuxo:
Sara Casanova Martínez
Adrián Álvarez Díaz
Telmo Brangança Barradas
•Na modalidade de narración:
Marta Campos Mateo
Luis Manuel Arias González
Cristina Nogueira Minguillón
Xa pola tarde, ás 20.00 h, no Auditorio municipal, Barafunda Teatro presenta "Maxia branca", un espectáculo para o público infantil e familiar. Esta actividade está enmarcada dentro do Programa Letras Vivas Animación patrocinado pola Consellería de Cultura e o Concello de Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario