O Concello de Quiroga ten organizada para o vindeiro xoves a tradicional sardiñada e a fogueira de san Xoán.
A partir das nove da noite, no merendeiro do parque da Constitución, asaranse 100 quilos de sardiñas que se servirán acompañadas de pan e viño. Este ano, como novidade, o pan será de millo. Todo gratuitamente.
Previamente á merenda, o servizo de infancia e xuventude ten organizados varios xogos populares para os máis pequenos no mesmo parque.
Sobre as once e media da noite acenderanse as fogueiras para os valentes que queiran saltar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario