48 quirogueses disfrutarán mañá dunha excursión á Praia das Catedrais organizada pola Deputación Provincial en colaboración co concello de Quiroga.
O programa da excursión, comenza coa saída de Quiroga con destino á capital lucense ás 8:30 da mañá, polo que os participantes deberán estar ás 8:00 fronte ao concello de Quiroga. Á súa chegada a Lugo, visitarán a Deputación Provincial e o centro de artesanía e deseño da Deputación.
Tras estas visitas partirán para Ribadeo; e tras xantar na localidade de Rinlo darán un paseo pola praia das Catedráis e pola praia dos Castros. Tamén visitarán as cetarias de Rinlo e o aeródromo de Villaframil.
A excursión farase en dous microbuses de 24 prazas cada un e con persoal responsable do programa km0 da Deputación de Lugo.
Esta excursión, incluida no programa Km0 da Deputación Provincial, estaba aberta para todos os colectivos, desde os nenos maiores de 6 anos, ata o colectivo da terceira idade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario