O Concello de Quiroga abriu o prazo para que os veciños que o desexen a se acollan a axudas para a restauración de vivendas situadas na contorna da Praza Maior e o núcleo de Pacios de Mondelo, subvencións incluídas na segunda fase do proxecto do Área Integral de Rehabilitación (Ari). O prazo permanecerá aberto ata o 31 de decembro deste ano.
Os interesados deberán dirixirse ao centro de formación ocupacional Pía Páxaro, onde funciona a denominada oficina municipal de rehabilitación, para cuxa apertura a administración quiroguesa recibiu unha subvención de 45.000 euros da Xunta.
Os fins do Ari son atender prioritariamente a mellora das condicións de habitabilidade das edificacións, que deberán ter unha antigüidade superior a dez anos, fóra daquelas nas que se realicen adaptacións para facilitar a accesibilidade a persoas con discapacidades.
Quiroga é o cuarto municipio da Ribeira Sacra, xunto a Monforte, Chantada e Sober.
No caso quirogués contémplanse un total de 432 vivendas que poden ser obxecto de atención dentro do programa de axudas.
Desde a oficina municipal de rehabilitación fíxose un chamamento para que todos os veciños interesados soliciten os datos precisos para aproveitar os fondos existentes. As subvencións poden chegar ao 75% do orzamento de obra ata un máximo de 11.600 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario