O concello de Quiroga organizou un amplo número de actividades
para este mes de decembro e para as festas de Nadal.
Dende a área de cultura oganizouse un certame de posesía
infantil, a visita de Papá Noel ao telecentro, en colaboración co Colexio de
Educación Infantil e Primaria, o tradicional concerto de Nadal, no que
participarán a banda de gaitas San Martiño, o grupo de danzas San Martiño e a
Coral Polifónica de Quiroga. A proxección da película O Apóstolo e un concerto
de canto e piano a cargo de Josep Ramos.
Dende a área de educación organizouse a Ludoteca de Nadal e un
concurso de postais en colaboración coa área de Xuventude. Esta última a súa
vez organizou os campionatos nos diferentes pubs da vila, este ano haberá
campionatos de fútbolín, dardos, poker e do chupito veloz.
O centro social organizou unha xornada de celebración de Nadal,
baixo o nome de Xuntos celebramos o Nadal, así como o sorteo dunha cesta de
nadal e un baile especial de despedida de ano.
A área de deportes ten organizada a participación das Escolas
Deportivas Municipais no torneo Azkar, nas categorías alevín e infantil e un
torneo de fútbol sala de Nadal.
Todas estas actividades rematarán o día 5 de xaneiro, coa Cabalgata de Reis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario