Os nenos de
Quiroga poderán atoparse un ano máis con Papá Noel a través de videoconferencia.
A iniciativa parte da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica
(Cemit), na que está incluído o noso municipio.
O programa que conectará aos escolares que o desexen con Papá Noel permitiralle
os nenos de Quiroga comunicarse con este persoaxe de Nadal o martes, 18 de decembro.
Con este tipo de actividade, a rede pretende converter as aulas multimedia
integradas dende varios municipios de toda a comunidade autónoma en puntos de encontro.
A videoconferencia en tempo real con Papá Noel servirá para dar a coñecer as posibilidades
que ofrecen estes espazos de comunicación e as tecnoloxías das que dispoñen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario