Arestora continúa activo, malia que
estabilizado e sen chama, o incendio forestal iniciado en Quiroga, na parroquia
de Vilanuíde, e que tamén afectou á parroquia de Seadur, no concello ourensán
de Larouco.
Así o confirmou este mediodía a
conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, desde o Posto de Mando
Avanzado no que se coordinan as tarefas de extinción. A conselleira –que estivo
acompañada polo secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás
Fernández-Couto– indicou que actúan na zona 2 helicópteros e que no momento en
que a néboa permita que se incorporen os demais medios aéreos o farán.
A titular de Medio Rural e do Mar
sinalou tamén que segundo datos preliminares a superficie afectada polo lume se
sitúa arredor das 500 hectáreas. Destacou tamén que na extinción deste lume
traballaron todos os medios dispoñibles (máis de 36 brigadas, 18 motobombas,
efectivos da UME, 8 avións e 8 helicópteros), cunha excelente coordinación e
sinalou que “en principio, o perigo pasou”.
O lume comezou ás 17:20 horas de onte
domingo e ás 13:03 horas de hoxe quedou desactivado o nivel 1, decretado onte
ás 20:30 horas pola Consellería do Medio Rural e do Mar como medida preventiva
pola súa proximidade aos núcleos de poboación.
Nos
traballos de extinción deste incendio participaron onte 2 técnicos, 14 axentes
forestais, 36 brigadas, o grumir de Quiroga, 19 motobombas, 2 palas, 8
helicópteros e 8 avións. Tamén se pediu colaboración á Unidade Militar de
Emerxencias (UME).
Sobre as
oito e media da tarde era declarado o nivel un de urxencia, de modo preventivo,
debido á proximidade das chamas e o fume ás casas das parroquias de Vilanuiz,
en Quiroga e de Seadur, en Larouco. Incluso o departamento autonómico de Medio
Rural e do Mar, solicitarou reforzos á Unidade Militar de Urxencias (UME) para
axudar a apagar as chamas.
Os maiores
apuros vivíronse en Seadur, onde algúns veciños tiveron que ser desaloxados por
precaución, pero xa volveron ás súas casas, onde tamén regresou o fluído
eléctrico, que durante algún tempo estivo interrompido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario