47 persoas
de Quiroga sairon esta noite cara Madrid para participar na grabación do
programa Sálvame Diario de Telecinco en Madrid.
Previa á
grabación do programa os excursionistas tiñan programado facer un paseo turístico
pola cidade de Madrid.
A partir
das catro da tarde e ata as oito do serán, poderemos ver aos quirogueses formar
parte do público do programa presentado por Paz Padilla, a pregoeira da Feira
do Viño de Quiroga no ano 2011.
Esta viaxe,
totalmente gratuita, foi posible grazas á amizade que ten Manuel Villanueva,
director de contidos de Mediaset España, co noso concello, e especialmente co
rexedor local.
No hay comentarios:
Publicar un comentario