Dende a área de Xuventude do concello de
Quiroga, e para o curso escolar 2014/2015, concederánselle axudas a todos
aqueles estudantes, empadroados en Quiroga, que cursen os seus estudos fóra do
val.
Para poder optar a estas axudas, de
ata 200 €uros por persoa, teñen que acudir á Casa de Cultura ou á Oficina
Municipal de Xuventude e cubrir unha solicitude cos seus datos. Ademais deberán
adxuntar un certificado de empadroamento e unha copia da matrícula, durante o curso
escolar, ademáis de aportar, cando lles seña posible, os tickets do medio de
transporte que utilicen ou do gasóleo ou gasolina, no caso de utilizar un
vehículo propio.
O concello aboará a cada solicitante
unha cantidade máxima de 200 €uros, da que se pagará en decembro un 60% e no
mes de xuño o 40% restante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario