A Conselleria de Traballo e Benestar do
Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral, en colaboración co Concello de
Quiroga vai impartir un Curso Básico de Primeiros Auxilios: Actuacións ante os accidentes
laborais para o sector agro gandeiro e forestal.
O obxectivo deste curso é dotar os
traballadores do sector agro gandeiro e forestal dos coñecementos e habilidades
básicas e necesarias para prestar, o máis eficazmente posible, os primeiros
auxilios ante unha situación de urxencia producida por un sinistro laboral.
O curso vai destinado a persoas
traballadoras ocupadas e desempregadas do sector agro gandeiro e forestal, e que
estén empadroados en Quiroga, Folgoso do Courel ou Ribas de Sil; ou que
traballaaran ou traballen nun centro de traballo situado nun concello de plan
de zona.
O número de prazas mínimo será de 15
alumnos ata un máximo 20 alumnos.
O curso que consta de 20 horas, 4 ao día,
impartiríase no Telecentro da Casa da Cultura dende o día 27 ata o día 31 de
outrubro, en horario de tarde.
As persoas interesadas en participar
poden entregar as solicitudes no concello de Quiroga, dende onde se remitirán
ao Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral, antes do venres 17 de
outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario