Dende as áreas de Cultura, Igualdade e
Xuventude do concello de Quiroga, organízanse clases de zumba e batuka, que
comezarán o xoves día 2 de outubro.
Estas clases teñen un custo por persoa
e mes de 15 €uros e levaranse a cabo os xoves de 19:00 a 20:00 horas.
Por outra banda, e, dende a área de
Educación organízase, como cada ano, a Ludoteca municipal para o curso escolar
2014/2015.
A finalidade da ludoteca é a
conciliación da vida familiar e laboral ademais de lúdico-educativa, porque o
xogo é esencialmente fonte de experiencias novas e un medio de expresión,
comunicación, relación e realización persoal.
Os días da ludoteca serán os martes e
os xoves cun horario ininterrompido das 16:30 ás 20:00 horas, e terá un custo
por mes de 10 €uros, con desconto para irmáns, familias numerosas,
monoparentais e para alumnos que estén apuntados a catro actividades ofertadas
dende o concello de Quiroga. Este servizo comezará o xoves día 2 de outubro e,
como terá lugar ó rematar o colexio, os nenos e nenas poderán levar a merenda.
Dende a área de Xuventude, organízase
para os xoves 9, 16, 23 e 30 de outubro o obradoiro “Customiza as túas
camisetas”.
Este obradoiro levarase a cabo na Casa de cultura entre as 20:15 e as
21:15 horas e ten carácter gratuíto, os participantes só deben levar camisetas
básicas, que adornarán e modificarán para finalmente quedarse con elas e
levalas á última moda.
E por último, como en anos anteriores
seguimos coas clases de scrapbooking, organizadas dende ás áreas de Educación e
Xuventude, os luns para os maiores de 12 anos de 17:45 a 19:45 horas, e os
venres, para os menores de 12 anos de 18:00 a 19:00 horas. Tamén de carácter
gratuíto, os participantes só teñen que poñer os materiais.
Para apuntarse a calquera destas actividades
hai que pasar pola casa de cultura ou chamar o teléfono 982 435 125.
No hay comentarios:
Publicar un comentario