A delegación de Cultura, a través do Museo
Etnográfico organiza un obradoiro de Cestería Tradicional a celebrarse dende o
13 de outubro ata o 17 de decembro.
O obradoiro de 40 horas celebraríase os luns e mércores dende as sete
da tarde ata as nove da noite. O prezo
do obradoiro é de 30 €, no que vai incluído os materiales utilizados e as pezas
que se elaboren.
As
persoas interesadas en participar deberán de inscribirse antes do día 10 de
outubro na casa da Cultura.
Dende a oficina de
xuventude organízase para o xoves día 25 de setembro un obradoiro
pola igualdade, dirixido a rapaces e rapazas de 12 a 17 anos.
Con este obradoiro preténdese educar en igualdade aos nenos e
nenas a través de divertidos xogos, como a Oca da Igualdade, cos que se
pretende fomentar o respeto, a tolerancia e a igualdade.
O obradoiro terá lugar na casa da cultura a partir das seis e
cuarto da tarde ata as oito do serán.
A área de Xuventude, en colaboración coa área
de Educación, organiza novamente clases de guitarra e piano.
Todas as persoas interesadas en acudir a esta
actividade, que ten un custo de 15 € mensuais, terán unha reunión o xoves, 18
de setembro, a partir das oito e media do serán na casa da Cultura.
O concello de Quiroga, a través dos seus departamentos de educación e
cultura vai poñer en marcha unha escola municipal de música.
A nova escola terá varios apartados: Música e movemento para os nenos e
nenas de 4 a 6 anos; linguaxe musical e intrumento para os maiores de 7 anos; e
formación musical de adultos con iniciación a armonía clásica e moderna,
iniciación á improvisación, música de cámara.
As persoas interesadas en participar poderán escoller entre varios
instrumentos: oboe, frauta, fagot, saxofón, trompeta, trompa, trombón,
bombardino, tuba e percusión.
As clases comezarían o 1 de outubro, polo que as persoas interesadas en
participar xa se poden inscribir, cubrindo unha solicitude que se entregará na
Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario