A área de deportes do concello vai poñer en
marcha as escolas deportivas municipais a partir do vindeiro mes de outubro,
para nenos e nenas de 5 a 16 anos. Concretamente comezarán o 1 de outubro e
prolongarán a súa actividade ata o 19 de xuño, data prevista para a súa
clausura.
As Escolas
deportivas ofertan fútbol sala e voleibol. Dentro das escolas deportivas haberá
varias categorías: prebenxamín para os nacidos entre o 2009 e o 2007; benxamín,
para os nacidos no 2005 e 2006; alevín, para os nacidos no 2004 e o 2003;
infantil, para os nacidos no 2001 e 2002; e finalmente a categoría cadete para
os naciodos entre 1999 e o ano 2000.
Os adestramentos irán en
función da categoría. Así os prebenxamíns entrenarán os martes e venres a
partir das catro e media da tarde. Os benxamíns farano os luns ás sete da tarde
e os xoves ás catro e media. Os alevíns entrenarán os martes e xoves ás cinco e
media e finalmente os intantis e cadetes farano os mercores ás sete da tarde e
os venres as cinco e media. Pola súa banda en boleibol entrenarán os luns e
mércores ás seis da tarde.
O prezo das escolas deportivas está fixado en 10 € mensuais para
os empadroados en Quiroga e 12 € para os non empadroados. O pago poderase facer
de diferentes formas, mensual, trimestral ou nun único pago polo que se aforran
20 €.
Esta cuota
inclúe unha equipación. Como as Escolas Deportivas usarán as mesmas equipación
do ano pasado, os participantes poderán escoller co pago da inscripción unha
nova equipación ou unha mochila.
Os rapaces
e rapazas interesados en participar deberán de cubrir unha inscripción que
entregarán na casa da cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario