A Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yuguero Plaza, e o alcalde de
Quiroga, Julio Alvarez, asinaban esta mañá na casa consistorial un convenio entre
estes dous organismos para Cambio de Domicilio.
Este acordo supón a axilización dos trámites
administrativos que o cidadán realiza diariamente nas xefaturas provinciais de Tráfico,
facilitando deste modo que se manteñan actualizados os domicilios dos titulares
nos permisos de circulación e de condución.
Deste modo, cando un cidadán cambie de domicilio e
o comunique ao concello para obter a alta ou a modificación no padrón
municipal, se este o solicita, a entidade local comunicarao á DGT para
que o actualice na súa base de datos e así evitar unha xestión aos veciños
residentes nas localidades asinantes.
Este convenio, ten como primeiro
obxectivo mellorar a calidade dos servizos públicos prestados aos cidadáns
mediante o fomento da colaboración e a comunicación entre administracións,
máxime cando, como é o caso de Lugo, a Xefatura Provincial de Tráfico atópase
na capital.
Este
concerto fará, ademais, "máis eficiente a xestión do Imposto sobre
Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), imposto que é cobrado polo municipio no
que o vehículo estea domiciliado, por iso resulta imprescindible que a
dirección domiciliaria dos titulares de vehículos estea actualizada".
No hay comentarios:
Publicar un comentario