150 Alumnos de educación infantil e primaria comezaron esta mañá o seu
curso 2014/2015. O curso que virá marcado pola implantación de Lomce comezou en
horario de xornada única (10 da mañá ata 14:30h ou 15:30, si son usuarios do
comedor). Un ano máis o alumnado de 40 de Infantil, que comeza
no centro por primeira vez entraba en dous turnos o primeiro ás dez da mañá e o
segundo sobre as doce da mediodía, nun período de adaptación que se prolongará
todo este mes de setembro.
Co inicio do curso
escolar empezaron a funcionar os servizos de transporte e os de comedor
xestionados pola Consellería, "tralas modificacións oportunas que se
realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais".
A
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de
Galicia mantén as axudas para a adquisición de libros de texto en todos os
cursos do ensino obrigatorio. Así mesmo, os requisitos de renda per cápita
familiar para a obtención das axudas foron os mesmos que nos anos anteriores.
Como
novidade este ano poténciase a formación de bancos de libros establecendo a
obriga de incorporar, logo de rematar o curso, os libros adquiridos con cargo á
axuda a un fondo solidario que se constituirá nos centros, como medida que
favorece o establecemento dun sistema de socialización do seu uso.
O CEIP de
Quiroga adáptase ás tecnoloxías da información xa que foi un dos selecciónados para
o proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014-2015. Polo que
este ano ponse en marcha unha plataforma de contidos curriculares dixitais
completos, gratuítos para as familias e accesibles sen necesidade de
conectividade. Así, o alumnado matriculado en 5º de educación primaria, non
accederá ás axudas para libros, xa que a inclusión neste programa permitiralles
ter á súa disposición e de xeito gratuíto unha contorna virtual de aprendizaxe
con libros e outros materiais dixitais cos que poderán desenvolver a totalidade
do currículo.
A
iniciativa, que forma parte do Proxecto Abalar, prevé alcanzar en tres anos a
alumnos de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO.
O curso que
comezou esta mañá prolongarase ata o venres 19 de xuño do 2015.
No hay comentarios:
Publicar un comentario