A adega Val de Quiroga foi a primeira en iniciar a campaña de recollida
de uva deste ano. Esta mesma mañá comezaba a vendima en viñas da zona da
Hermida.
O consello regulador da denominación
de orixen Ribeira Sacra deulle a adega un permiso especial en función das
características e a ubicación dos viñedos que fan que a uva cumpra cos
par´ñametros esixidos polo consello para iniciar a súa recollida.
Manuel Gómez Guntiñas, propietario da adega,
afirmaba que as uvas de godello que están a vendimar xa presentan unha
graduación de doce graos e medio; e contan con viñas de mencía e tempranillo
que arroxan nas medicións 13 graos; polo que previsiblemente, a adega unha vez
rematada a vendima do godello continuará xa coas outras variedades.
Gómez Guntiñas coincide cos demais
adegueiros en que este ano a vendima ven cuns dez dias de adianto con respecto
aos últimos anos. Os motivos para este adegueiro son que o clima condicionou
que as cepas agromaran antes e tamén que florecesen antes, o que se traduciu
nunha pronta maduración.
En canto á calidade das uvas, este
adegueiro confirmou que é moi bo, polo que se presentan sanísimas, de continuar
o bo tempo, esta vendima meterá nas adegas unhas uvas en excelentes condicións.
O
punto negativo quizais está na cantidade, xa que é inferior a colleita pasada,
sobre todo na variedade tinta mencía, algo que o adegueiro calificou de normal,
xa que a pasada colleita foi máis grande de nornal.
O
controis de maduración que serven de referencia ao consello regulador para
fixar a data recomendada de comezo da vendima voltaban a medirse hoxe, tras
unha primeira mostraxe realizada a pasada semana que arroxou resultados
bastante prometedores. Sobre todo porque a mencía presentaba nas analíticas un
bo equilibrio entre grao e acidez, polo menos antes da chegada da onda de calor
das últimas xornadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario