O departamento
de Educación do concello , organiza para mañá venres,
unha festa para despedir os Campamentos de Verán 2014.
Dirixida aos participantes nos
mesmos durante os meses de xullo e agosto, os campamentos comezarán como sempre
ás 11:00 horas na Casa de Cultura, onde se realizará un obradoiro de maquillaxe
facial e tatuaxes, ás 12:00 dirixiránse á piscina para disfrutar do último baño
dos campamentos, onde terán globoflexia e, a partir das 13:30 están convidados
a uns pinchos no bar das piscinas para despedirse ata o próximo ano.
Neste verán, foron exactamente 120
nenos e nenas entre 2 e 12 anos os que compartiron, tres horas nas mañás dos
luns aos venres, clases de reforzo escolar, inglés, manualidades, xogos,
coñecemento do mundo, obradoiros educativos, deportes e natación. Así como
tamén algún extra como o programa “Ponlle as pilas ao teu bocata”, organizado
dende a Consellería do Mar e Medio Rural, ou os hinchables na piscina,
organizados polo concello en colaboración co bar das piscinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario