O Diario
Oficial de Galicia publicou o pasado luns a resolución pola que se regulan e se convocan
as axudas económicas para o pagamento de parte da factura eléctrica, a través
do tícket eléctrico social de Galicia durante o primeiro semestre de 2014, ás
familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos non superen o IPREM.
A axuda
consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribuír ao pagamento
da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo, cuxos
ingresos totais durante o ano 2013 non superen o IPREM. Establécese unha
cantidade de 45 € ao semestre para as unidades de convivencia que cumpran os
requisitos, incrementándose esta cantidade ata 60 € para as que acrediten ser
familia numerosa.
Os servizos
sociais municipais asesorarán e colaborarán cos solicitantes na presentación telemática
das solicitudes, que se deberán presentar antes do cinco de novembro.
A
solicitude de axuda deberá ir acompañada dun informe emitido polos servizos
sociais municipais sobre as necesidades económicas da unidade de convivencia. Así
como de copia do libro de familia, certificado de empadroamento, facturas
emitidas no exercicio 2014 en concepto de subministración eléctrica, certificado
de convivencia e copia do título de familia numerosa, de ser o caso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario