O vindeiro sábado 30 de agosto a partir das 11
da mañá na Casa da Cultura, terá lugar o décimo sexto Encontro de Poetas
no Val de Quiroga, organizado polo grupo poético Amencer Quirogués e o Concello
de Quiroga.
Un
ano mais os poetas da comarca, Xesús Galán e Pepe Pol, serán os encargados de
presentar o acto onde Estevan González Alonso actuará como pregoeiro deste
certame.
A
este acto acoden cada ano máis poetas, tanto da nosa Comunidade coma doutras da
xeografía española, todos eles co afán de potenciar este xénero literario. A día
de hoxe hai xa inscritos 25 poetas, algúns que xa veñen participando dende a
primeira edición deste certame e outros que se incorporan por primeira vez
paticiparán nesta nova edición do Encontro de Poetas. O acto contará con música
en directo, nesta ocasión a cargo do cantautor Javier Rodríguez Sotuela.
Con
este Certame o Concello de Quiroga quere fomentar o interese pola literatura en
xeral e pola poesía en particular, ademais de ofrecer a posibilidade de
desenvolvemento da creatividade de todos os poetas, algúns ata este intre no
anonimato, que atopan neste tipo de eventos o lugar axeitado para expresar e
mostrar a súa obra.
Unha vez rematado o evento
entregaraselles a todolos participantes do certame un pequeno detalle para
agradecerlles a sua participación neste novo encontro de poetas no Val de
Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario