Esta mañá tiña lugar nas instalacións do Colexio de Educación
Infantil e Primaria de Quiroga, unha selección para o obradoiro de emprego Sil
Lor, que se poñerá en marcha conxuntamente entre os concellos de Quiroga,
Folgoso do Caurel e Ribas do Sil, a través da Consellería de Traballo e
Benestar, da Xunta de Galicia.
Os candidatos a participantes tiñan como requisitos ser maiores
de idade e atoparse en situación de desemprego e realizar o examen que deben
superar.
O obradoiro de emprego contará con 20 traballadores e 3
monitores, que realizarán traballos de construcción durante seis meses, dende o
29 de agosto ata o 28 de febreiro. En Quiroga os traballos centraranse no do
centro multiusos da Ribeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario